CONSIDERA QUE NON PODE NEGOCIARSE CONXUNTAMENTE O ERTE E MEDIDAS COMO A BAIXADA DE SALARIOS

A CIG considera "en fraude de lei" o ERTE de Indra e pide a súa retirada

O sindicato CIG rexeita as medidas anunciadas pola tecnolóxica Indra, que inclúen un ERTE para 373 dos seus traballadores en Galicia, reducións de xornada e baixada de salarios, e pide a súa retirada.
A CIG considera "en fraude de lei" o ERTE de Indra e pide a súa retirada
Indra anunciou un ERTE que afecta en Galicia a 373 traballadores.
Indra anunciou un ERTE que afecta en Galicia a 373 traballadores.

A CIG entende que as medidas adoptadas por Indra "son unha fraude, posto que se trata dunha modificación substancial que legalmente non foi comunicada á representación social sendo os dous procesos diferentes non podendo negociarse conxuntamente".

En Galicia o expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) afecta principalmente ás súas sociedades Indra Producción de Software e Indra Soluciones Tecnologías de la Información, estando afectados nesta última 373 traballadores, sobre un cadro de persoal total de 1.132). A compañía presta  soporte técnico a servizos públicos, como o Sergas e Xustiza, e privados, como R Cable ou Abanca "que na crise actual son de vital importancia para o funcionamento dos servizos básicos e esenciais", salienta o sindicato.

Trala primeira reunión do periodo de consultas, a central sindical considera que a empresa non acredita as causas produtivas alegadas. "O que busca Indra é un ERTE preventivo en base á previsión dunha caída da produción no futuro, que agora mesmo non existe. Pois de feito, a empresa ten ao 90% do persoal teletraballando (pondo en moitos casos os seus propios medios para facer a actividade laboral) e hai servizos nos que se está a rexistrar unha sobrecarga de traballo". A CIG, pois, pediu a retirada do ERTE, das reducións de xornada e das medidas complementarias (unha baixada de soldos de entre o 5% e o 25%). 

Comentarios
A CIG considera "en fraude de lei" o ERTE de Indra e pide a súa retirada