NO MES DE XUÑO

A Cámara de Santiago ofrece formación en xestión laboral e técnicas de negociación

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza no mes de xuño dous cursos de xestión laboral e técnicas de negociación.

A Cámara de Santiago ofrece formación en xestión laboral e técnicas de negociación

O curso práctico de xestión laboral e administración de persoal celebrarase do 5 ao 15 de xuño, en horario de 19:00 a 21:30 horas. Estará impartido por Begoña Costa e Ana Barreiro, da consultoría fiscal, laboral e contable C&B Asociados.

O obxecto da formación é dotar aos asistentes da capacitación necesaria para traballar na área laboral dunha pequena ou mediana empresa ou despacho profesional realizando contratos, nóminas, preparación de seguros sociais e comunicacións coa administración.

Está dirixido preferentemente a persoas traballadoras na área administrativa, contable e laboral para desenvolver os seus coñecementos en relacións laborais e aplicar as diferentes modalidades de contratación laboral e o cálculo de nóminas. Ofrecerase unha formación teórico co apoio de casos prácticos e medios audiovisuais.

Seminario para aprender a negociar

Dentro da programación formativa prevista para este primeiro semestre do ano, a Cámara impartirá tamén no mes de xuño un seminario técnico empresarial sobre técnicas de negociación. Será o día 7 de xuño, en horario de 10 a 14 horas, e estará impartido por técnicos de Quelqum Servicios para Empresas.

O obxecto do seminario é axudar aos alumnos a descubrir como funciona o cerebro humano no momento de negociar, e a que aprendan a aplicar principios de influencia social e a tratar con calquera tipo de negociador, para coñecer as súas diversas tipoloxías –negociador agresivo, tramposo, desleal... que convén coñecer e lidiar de forma determinada–.

Comentarios
A Cámara de Santiago ofrece formación en xestión laboral e técnicas de negociación