Co obxecto de fomentar a empregabilidade

A Cámara de Santiago organiza en maio dous cursos formativos para menores de 30 anos

A Cámara de Comercio de Santiago a impartirá en maio dous cursos de formación específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE).

A Cámara de Santiago organiza en maio dous cursos formativos para menores de 30 anos
Sede de la Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas.

Celebrarase un curso de formación específica, do 2 ao 31 de maio, sobre xestión administrativa, impartido pola consultoría C&B Asociados, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A súa finalidade é dotar aos asistentes das ferramentas necesarias para desempeñar calquera actividade de apoio ao departamento de administración, desde as tarefas básicas de comunicación, pasando por apoio na área de recursos humanos e contable, finalizando co arquivo e xestión da documentación. O alumnado utilizará programas informáticos contables e laborais, cos que practicará os coñecementos teóricos adquiridos. Ademais, realizaranse presentacións e exercicios co paquete office.

Nesas mesmas datas, do 2 ao 31 de maio, comezará un curso de atención ao cliente para turismo e hostalería, que impartirá Quelqum Servicios para Empresas en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os alumnos terán unha contextualización do sector turístico, recoñecendo a importancia da comunicación e atención ao cliente na era de Tripadvisor, e o valor de ter un manexo de inglés profesional para traballar no sector.

Garantía Xuvenil

O PICE é unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación da Garantía Xuvenil do Ministerio de Emprego e Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo. Está destinada a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante.

A Cámara de Santiago organiza en maio dous cursos formativos para menores de 30 anos