Será o 7 de novembro

A Cámara compostelana prepara un seminario práctico para activar o pensamento creativo e solucionar rapidamente problemas empresariais

Na programación formativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela inclúese, o 7 de novembro, un seminario de técnicas de creatividade e resolución creativa de problemas, a cargo de Francisco Lorenzo, formador e adestrador de habilidades.

A Cámara compostelana prepara un seminario práctico para activar o pensamento creativo e solucionar rapidamente problemas empresariais
Francisco Lorenzo impartirá o seminario.
Francisco Lorenzo impartirá o seminario.

Os asistentes ae este seminario aprenderán de forma práctica diversas técnicas para aplicar a creatividade á solución de problemas. O docente, Francisco Lorenzo, empregará un método de adestramento que utiliza oito capacidades creativas, desenvolto, rexistrado e patentado por el mesmo tras anos de testeo, traballo e investigación. O seminario está destinado a que alumnos adquiran capacidades creativas e sexan capaces de crear ideas “orixinais” en moi pouco, de cambiar o enfoque de pensamento ou conectar diferentes realidades.

Francisco Lorenzo dirixe a súa propia canle en Youtube onde axuda á xente a desenvolver as súas capacidades intelectuais, creativas, emocionais, sociais ou profesionais, que conta con 38.000 suscritores. Ademais, é o creador e administrador da páxina en Facebook “Cursos de formación en Galicia” de interese xeral sobre cursos, talleres e programas formativos impartidos en Galicia, con case 7.000 seguidores actualmente.

Formación en contabilidade

Non é esta a única actividade formativa das vindeiras semanas na Cámara compostelá, que organizará un curso de contabilidade financeira informatizada entre os días 6 e 17 de novembro. O obxecto da formación é que os participants ao finalizar o curso teñan coñecementos que lles permitan levar a contabilidade íntegra dunha pequena e mediana empresa. Está destinado a persoas con coñecementos contables que desexen realizar unha aplicación práctica dos mesmos a través do manexo dun programa informático a través do que poderán ver a casuística contable dunha empresa en funcionamento.

As persoas interesadas en participar poden matricularse a través da  web da Cámara.

A Cámara compostelana prepara un seminario práctico para activar o pensamento creativo e solucionar rapidamente problemas empresariais