Son 181 mozos e mozas

Benvida na Deputación de Pontevedra aos bolseiros do Plan de Práctica Laboral

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, animou aos bolseiros do Plan de Práctica Laboral a aproveitar a súa experiencia na administración local e a “tomalo con ilusión e con motivación porque realmente se aprende moito porque ides traballar con técnicos e técnicas que vos van a saber transmitir toda a súa experiencia”.

Benvida na Deputación de Pontevedra aos bolseiros do Plan de Práctica Laboral
Carmela Silva dirixíndose aos bolseiros do Plan de Prácticas Laboral.
Carmela Silva dirixíndose aos bolseiros do Plan de Práctica Laboral.

Carmela Silva recibiu no Pazo Provincial aos 181 integrantes do Plan de Práctica Laboral que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra para os concellos da provincia e para os propios servizos da institución provincial. Este ano ofertáronse 200 bolsas, ao igual que o ano pasado, presentáronse preto de 1.000 persoas  e adxudicáronse 181 para titulados universitarios ou posuidores de  ciclos formativos de grao superior de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito das súas titulacións e coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

A presidenta da Deputación de Pontevedra recordou que as bolsas son por seis meses  aínda que prorrogables outros seis meses máis, “polo que é un ano de experiencia que tamén vos pode servir para o voso currículo. Porque sempre que un preséntase nun posto de traballo se pide que a xente sexa nova pero tamén que teña experiencia e a administración pública é un entorno onde ides poder coller un bo coñecemento”.

No acto de benvida tamén participou unha bolseira da anterior edición do Plan de Práctica Laboral, que prestou o seus servizos no concello de Caldas, que comentou a súa experiencia dun ano, animando a todos e todas a aproveitar este periodo de tempo para coñecer máis en profundidade a administración local.

As bolseiras e bolseiros irán aos distintos servizos da Deputación de Pontevedra e a 58 concellos pontevedreses.

Benvida na Deputación de Pontevedra aos bolseiros do Plan de Práctica Laboral