A NECESIDADE DE CUMPLIR A DIRECTIVA EUROPEA 2018/851 VAI SUPOR A CREACIÓN DE EMPREGOS DIRECTOS PARA A XESTIÓN DESTES RESIDUOS

Amigos da Terra impartirá cursos profesionais de compostaxe para desempregados

Amigos da Terra organiza seis cursos de mestría en compostaxe a través dos que se crearán postos de emprego en diferentes municipios de Galicia, dentro do proxecto Mestría en Compostaxe financiado polo Programa Empleaverde.
Amigos da Terra impartirá cursos profesionais de compostaxe para desempregados
Amigos da Terra organiza seis cursos de mestría en compostaxe./ herb007 en Pixabay.
Amigos da Terra organiza seis cursos de mestría en compostaxe./ herb007 en Pixabay.

Amigos da Terra impartirá os cursos profesionais de compostaxe co obxectivo de reducir a cantidade de residuos orgánicos, contribuír á loita contra a emerxencia climática e crear empregos directos para a xestión destes residuos. O desemprego e a precariedade laboral son un dos problemas máis graves da sociedade actual, polo que a formación na xestión dos residuos orgánicos será clave para contribuír na creación de emprego.

A Directiva Europea 2018/851 sobre residuos, ademais de manter o obxectivo de acadar en 2020 o 50% de preparación para a reutilización e a reciclaxe dos residuos municipais, inclúe disposicións relativas á obrigatoriedade da recollida separada dos biorresiduos a máis tardar o 31 de decembro de 2023. A transposición de España a esta Directiva debe realizarse antes do 5 de xullo deste ano. Todo isto vai requirir de persoal con coñecementos axeitados, tanto en modelos de recollida, como en modelos de compostaxe.

Formación en Galicia e Madrid

Este proxecto consta de seis cursos de Mestría en Compostaxe, catro en Galicia e dous na Comunidade de Madrid. Os cursos son de balde e van destinados a persoas desempregadas. Estes cursos son financiados a través do programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do MITECO e cofinanciados polo Fondo Social Europeo para conseguir formación e un emprego de calidade.

O primeiro dos cursos impartirase en Pontevedra, dará comezo o 23 de marzo e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do seu Plan Revitaliza. O resto de cursos terán lugar nos meses de abril e maio.

Comentarios
Amigos da Terra impartirá cursos profesionais de compostaxe para desempregados