Proveranse polo sistema de oposición

Aberto o prazo para inscribirse nas oposicións para 90 prazas na Administración galega

A Xunta de Galicia abre o luns 20 de xuño o prazo para inscribirse nas oposicións para 90 prazas de emprego público. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria para o corpo de Xestión A2 polo sistema de oposición libre.

Aberto o prazo para inscribirse nas oposicións para 90 prazas na Administración galega
A oferta na Administración Autonómica suporá preto de 300 prazas..
A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións para 90 prazas de emprego público.
A estas oposicións poderá presentarse calquera persoa que cumpra os requisitos esixidosnas convocatorias, e a súas posibilidades de lograr unha praza dependerán exclusivamente da preparación e do esforzo realizado polos aspirantes no proceso selectivo. Polo tanto, non haberá unha fase de concurso na que se valoren os méritos de experiencia profesional ou a formación.

Estas prazas corresponden ás Ofertas de Emprego Público (OEP) dos anos 2020 e 2021 e forman parte das 720 prazas de emprego público que se cubrirán polo sistema de oposición libre anunciadas no mes de marzo. Destas 720 un total de 333 xa foron convocadas o pasado mes de abril. As restantes, correspondentes aos subgrupos A1, C1 e C2 da administración xeral, convocaranse ao longo deste mes de xuño.

A Consellería de Facenda e Administración Pública propón esta medida co obxectivo de rexuvenecer os cadros de persoal da Administración Autonómica e tamén para ofrecer unha oportunidade de emprego estable tanto a aqueles mozos e mozas que remataron os seus estudos recentemente como ás persoas sen experiencia profesional na Administración.

Estas convocatorias son adicionais ás dos procesos de estabilización de emprego que se desenvolven ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público que se publicaron a finais de maio.

Aberto o prazo para inscribirse nas oposicións para 90 prazas na Administración galega