Recibiron formación troncal e específica na Cámara de Santiago

40 alumnos do Programa PICE reciben os seus diplomas

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregou os diplomas aos 40 alumnos da formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), nun acto que estivo presidido polo presidente da Cámara, Jesús Asorey, o secretario xeral, Fernando Barros, e a técnico de Formación e Emprego, Isabel Garrido.

40 alumnos do Programa PICE reciben os seus diplomas
Acto de entrega dos diplomas aos participantes no Programa PICE na Cámara de Santiago.
Acto de entrega dos diplomas aos participantes no Programa PICE na Cámara de Santiago.

O programa PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas.

Dentro do plan de capacitación do PICE, celebráronse entre os meses de abril e un cursos de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos. Ofreceuse orientación en temas de empregabilidade, con información referente a habilidades persoais e sociais, competencias dixitais para a busca de emprego e idiomas.

En relación á formación específica, para o que foi preciso cursar primeiro a formación troncal, organizouse un curso práctico de xestión laboral e administración de persoal con nocións de contratación, nóminas e seguros sociais.

O Programa PICE é unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo e da Cámara de Comercio de Santiago.

40 alumnos do Programa PICE reciben os seus diplomas