“PRACTICUMDEPO 2018”

105 estudantes pontevedreses de FP poderán realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno o “PracticumDepo 2018”,  co que se van a poñer en marcha 105 mobilidades do alumnado e 15 de profesorado de centros educativos de formación profesional da provincia.

105 estudantes pontevedreses de FP poderán realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra.

Estas mobilidades, que teñen como prazo para levarse a cabo dende xuño de 2018 ata maio de 2020, poderanse realizar en Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Alemaña, Romanía, Chipre, Bulgaria, Polonia, Eslovaquia, Grecia, Suecia, Eslovenia, Finlandia, Países Baixos, Noruega, Dinamarca, Islandia e Francia.

O proxecto, enmarcado na Acción Clave “Mobilidade das persoas por motivo de aprendizaxe” da convocatoria do programa Erasmus + 2018, conta coa axuda da Dirección do Servizo Español a Internacionalización da Educación (SEPIE) e ten por obxectivo levar a cabo un programa de mobilidade de estudantes de Formación Profesional de ciclos medios co fin de colaborar na súa integración no mundo laboral, a través de prácticas laborais en empresas e institucións estranxeiras.

Este é o cuarto programa de “PracticumDepo” que se realiza na provincia de Pontevedra. Nesta ocasión o investimento previsto para este programa ascende a 821.633 euros. Dende que se puxeron en marcha, a institución provincial leva investidos preto de 3,5 millóns de euros.

Comentarios
105 estudantes pontevedreses de FP poderán realizar prácticas laborais en empresas e institucións europeas