O obxectivo é impulsar a economía e o emprego no municipio

A Zona Franca tamén elaborará o plan estratéxico de Poio

O Consorcio da Zona Franca e o Concello de Poio asinaron un protocolo para pór en marcha un plan estratéxico que estudará o municipio e a súa contorna e contribuirá con propostas a unha mellora da súa competitividade e do emprego trala pandemia.
A Zona Franca tamén elaborará o plan estratéxico de Poio
O concelleiro de Poio e o delegado da Zona Franca, David Regades.
O concelleiro de Promoción Económica de Poio e o delegado da Zona Franca, David Regades.
O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o concelleiro de Urbanismo, Mobilidade e Promoción Económica de Poio, Gregorio L. Agís, asinaron o documento.

David Regades resaltou a importancia de impulsar o tecido económico dun concello clave na súa comarca. “Poio ten unha posición valiosa na comarca de Pontevedra. Impulsar a súa economía e apoiar aos novos emprendedores terá bos resultados para a cidadanía”, sinalou o delegado. Pola súa banda, Agís destacou que “é importante que dende o Consorcio Zona Franca se desenvolvan este tipo de proxectos de análise socioeconómico dos municipios do entorno, para ter unha folla de ruta ou documento que facilite a toma de decisións nese ámbito na medida das competencias que poidan exercer os concellos”.

Folla de ruta

Coma no caso dos outros plans estratéxicos comprometidos pola Zona Franca para outros municipios pontevedreses -o último deles, o de Salceda de Caselas-, no caso do de Poio crearase unha folla de ruta para o establecemento de actuacións individuais ou en colaboración con outros axentes económicos e sociais que permita, coa máxima eficiencia e aproveitamento dos recursos públicos, despregar accións de calado que revertan no desenvolvemento económico e creación de emprego na súa área de influencia.

O plan estratéxico contará con sete fases: diagnóstico estratéxico, workshops, estudo de casos de éxito, marcar as liñas estratéxicas, plan operativo, propostas de colaboración e instrumentos públicos de axuda e finalmente a monitorización.

Recollerá un estudo da economía e o tecido empresarial; tamén da situación da tecnoloxía, innovación e internacionalización; o entorno político e legal; da sociedade e a cultura; da demografía; do medio ambiente; de tendencias e de iniciativas actuais de interese e nivel de desenvolvemento. Toda a información sintetizarase nunha matriz DAFO.

A Zona Franca tamén elaborará o plan estratéxico de Poio