O período medio de pago foi en xullo de 3,1 días

A Xunta paga aos seus provedores 20 días antes que a media das comunidades autónomas

Galicia continúa entre as comunidades autónomas que pagan máis rápido aos seus provedores, ao pechar o mes de xullo cun tempo medio de pago 20 días inferior á media autonómica, segundo mostran os datos oficiais que vén de publicar o Ministerio de Hacienda y Función Pública.

A Xunta paga aos seus provedores 20 días antes que a media das comunidades autónomas

O período medio de pago de Galicia situouse en xullo en 3,1 días, mentres que a media autonómica foi de 23,2 días, é dicir, 20 días máis tarde que en Galicia. Deste xeito, Galicia é a cuarta comunidade que mellor atende aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Xunta.

Galicia continúa a cumprir os obxectivos do plan Pago 10, impulsado pola Xunta este ano e que ten como obxectivo situar o período medio de pago no entorno dos dez días. Ademais, o informe do Ministerio reflicte tamén que o período medio de pago de Galicia é agora 8,6 días inferior ao mesmo mes do ano pasado, o que evidencia unha importante mellora neste eido.

En canto á débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia en xullo situouse no 0,37%, moi por debaixo da media autonómica (0,54%). Ao mesmo tempo, Galicia conseguiu reducir este indicador ata os 225,1 millóns de euros no último ano, un 32% menos.

A Xunta paga aos seus provedores 20 días antes que a media das comunidades autónomas