Nova xuntanza no marco do Diálogo Social

A Xunta invita a patronal e sindicatos a sumar esforzos para minimizar o impacto da covid-19

Representantes da Xunta de Galicia mantiveron unha xuntanza por videoconferencia desde Santiago de Compostela con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos UXT e CCOO no marco do Diálogo Social.
A Xunta invita a patronal e sindicatos a sumar esforzos para minimizar o impacto da covid-19
SAN LÁZARO
13,00 h.-   O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, manterán unha xuntanza cos integrantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e dos sindicatos UXT e CCOO no marco do Diálogo Social. Na sala de xuntas da Consellería. No edificio administrativo de San Lázaro (terceiro andar). 
foto xoán crespo
19/01/2021
Xuntanza por videoconferencia dos conselleiros Valentín Martínez, Francisco Conde e María Jesús Lorenzana cos representantes de UXT, CCOO e CEG./X.CRESPO.

Na reunión participaron, por parte da Administración galega, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez; e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. O encontro enmárcase nos contactos frecuentes que a Xunta ven mantendo nos últimos meses cara a tomar nota das achegas dos axentes sociais e económicos para deseñar os mellores mecanismospara a reactivación da economía e do emprego tras a pandemia.

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, indicou que Galicia precisa das achegas dos axentes económicos e sociais para contribuír a que as decisións dirixidas á reactivación sexan acertadas e eficaces.

Neste eido, apuntou que desde o Goberno galego se agarda que a futura Lei de reactivación económica traslade estabilidade e confianza ao tecido empresarial, actuando sobre dúas frontes: a simplificación administrativa e o apoio ao investimento. Así, entre outros aspectos, establécese un prazo xeral de tres meses para emitir informes vinculados á Administración autonómica, aplicarase o silencio administrativo positivo e amplíanse os supostos de iniciativas empresarias prioritarias e proxectos industriais estratéxicos. De feito, recibirán esta categoría as propostas de Galicia que sexan seleccionadas polo Goberno para optar aos fondos europeos Next Generation.

Estes fondos son, tal e como apuntou Conde, a segunda pata sobre a que se asentará a recuperación económica en Galicia. O vicepresidente económico sinalou que a Xunta está traballando para que esta axuda extraordinaria se converta nunha gran oportunidade para transformar a industria galega e avanzar cara á dixitalización, a transición enerxética, a economía circular e a mellora da saúde.

A Consellería de Facenda e Administración Pública, pola súa banda, tamén subliñou a importancia dos mecanismos de gobernanza que recolle a Lei de Simplificación Administrativa e de apoio á Reactivación Económica de Galicia. Neste sentido, o texto legal inclúe unha serie de normas que serán de aplicación na planificación, programación, xestión e control dos recursos económicos que proveñan dos fondos de recuperación ou daqueles mecanismos que os substitúan e teñan como finalidade o financiamento de iniciativas empresariais en Galicia.

Sumar esforzos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana,  indicou que a negociación colectiva e o diálogo social constitúen dous dos “puntais” do traballo da Xunta, xa quenestes tempos, engadiu,  resulta “imprescindible” a coordinación e o fomento dos acordos cos axentes sociais nos eidos da igualdade, o emprego e a transformación tecnolóxica, entre outros. Lembrou o espírito da declaración asinada o pasado 23 de setembro pola Administración autonómica coa Confederación de Empresarios e os sindicatos Comisións Obreiras e UXT para a reactivación económica e social de Galicia e referendou aquel compromiso de “sumar esforzos” para definir eixos de traballo consensuados para diminuír o impacto que está a xerar a pandemia.

Desde setembro, representantes de Xunta reuníronse nunha decena de ocasións cos interlocutores do Diálogo Social para abordar temas como a mellora dos gabinetes de asesoramento en igualdade, a execución dos contidos formativos e ferramentas en igualdade, o proxecto Empreganav, os proxectos Next Generation ou a Lei de Reactivación.

Os representantes autonómicos destacaron tamén a necesidade de consensuar a continuidade dos apoios económicos aos sectores máis afectados pola covid-19 con medidas que acompañen ás normas sanitarias que se están a adoptar para facer fronte á pandemia. Así, a Xunta está a perfilar con prioridade un segundo plan de rescate que apoie a solvencia das empresas nas actividades máis comprometidas pola pandemia e segue a manter unha interlocución fluída cos representantes sectoriais para definir os apoios, con atención especial ao sector da hostalería.

 

Comentarios
A Xunta invita a patronal e sindicatos a sumar esforzos para minimizar o impacto da covid-19