Permitirá axilizar os trámites para constituir este tipo de empresas

A Xunta aborda con Cegasal a creación do Catálogo de entidades de economía social

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes das 31 entidades que conforman Cegasal, con quen analizou a posta en marcha o vindeiro mes do Catálogo de entidades de economía social.
A Xunta aborda con Cegasal a creación do Catálogo de entidades de economía social
Covadonga Toca e Francisco Conde na xuntanza con encontro con representantes das 31 entidades que conforman Cegasal.
Covadonga Toca e Francisco Conde na xuntanza con representantes das 31 entidades que conforman Cegasal.

Catálogo de entidades de economía social recollerá todas as entidades que figuran inscritas e activas nos diferentes rexistros administrativos segundo a súa natureza. Incluirá, tamén, unha aplicación informática que permitirá o acceso en liña a través de dispositivos fixos ou móbiles, tanto para a consulta como para a modificación dos datos polos usuarios autorizados.

Xunto con isto, tamén se crearán diferentes grupos de traballo coas entidades do sector para a modernización dos rexistros que permitan axilizar os trámites para a constitución e funcionamento das cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. indicou que entre 2014 e 2018 se ten duplicado o número de persoas con discapacidade que dispoñen dun posto de traballo, ata acadar as 29.600. Neste sentido, para manter esta tendencia, o conselleiro destacou a importancia de apostar polo talento inclusivo nas empresas e, máis, nun contexto no cal a dixitalización está cambiando a forma de traballar e ofrecendo novas oportunidades.

Programa de axudas para perceptores da Risga

A Xunta tamén conta cun novo programa de inserción laboral, que dispón dun orzamento de 3 millóns de euros e está dirixido a 500 persoas perceptoras da Risga. Recibirán durante dous anos itinerarios personalizados que inclúen orientación e formación ocupacional, prospección do mercado laboral e procura activa de emprego.

A Xunta aborda con Cegasal a creación do Catálogo de entidades de economía social