Un 3,5% de crecemento interanual en xullo

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura amosa unha desaceleración da economía galega

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica experimentou un crecemento interanual  do 3,5% no mes de xullo.

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura amosa unha desaceleración da economía galega

Este crecemento supón unha desaceleración de tres décimas con respecto ao mes anterior cando rematara o semestre cun crecemento do 3,8%. En termos intertrimestrais, o crecemento da actividade económica galega no último trimestre (de maio a xullo) tamén amosa unha lixeira desaceleración ao baixar ao 0,8% (1,0% no mes anterior).   

Desta maneira, e cos datos de actividade económica dispoñibles no primeiro mes do terceiro trimestre do ano, confírmase a desaceleración xa anticipada pola Contabilidade Rexional fornecida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) o mes pasado.  Este enfriamento do crecemento está en consonancia co apuntado polas diferentes institucións e organismos para a economía española no segundo semestre.  Asemade todo apunta que Galicia sitúase lixeiramente por riba nas taxas de crecemento.

En termos interanuais, e igual que o mes anterior, a variable recollida no Indicador que experimenta un maior crecemento son as matriculación de turismos cunha medra moi  salientable.  No lado oposto, a variable que tivo un peor comportamento en termos interanuais son os viaxeiros entrados en hoteis que decreceu con respecto a xullo do ano 2017. 

O Indicador está elaborado pola equipa de conxuntura económica do Foro Económico de Galicia a partir da análise de 15 variables económicas que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, comercio internacional, actividade industrial e do sector servizos

O último Indicador Abanca-Foro de Conxuntura amosa unha desaceleración da economía galega