Este mércores haberá concentracións e manifestacións en oito localidades galegas

UGT, CCOO e outras organizacións sociais chaman a mobilizarse pola contención dos prezos

O S.N. de CCOO de Galicia, UGT-Galicia,  Confederación Estatal de Asociacións de Veciños, as asociacións de autónomos UPTA e UATAE, a Unión de Consumidores de Galicia e diversas asociacións veciñais convocan mobilizacións este mércores día 23 pola contención dos prezos, pola protección do emprego e para frear o deterioro das condicións de vida.
UGT, CCOO e outras organizacións sociais chaman a mobilizarse pola contención dos prezos
El gas renovable es una energía verde de la que el biometano es su mayor exponente./PublicDomainPictures en Pixabay
Os convocantes protestarán ante a escalada de prezos que está a deteriorar as condicións de vida da poboación.

Están convocadas concentracións a partir das 19.30 horas en Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense e Vilagarcía de Arousa, así como manifestacións na Coruña (ás 19 horas) e en Pontevedra e Vigo (ás 19.30 horas).

Estas mobilizacións enmárcanse nun contexto no que a sociedade española vive "cunha profunda preocupación e gran malestar a escalada desbocada dos prezos", sinalan as organizacións convocantes.  En febreiro a inflación acadou o 7,6%, o seu nivel máis alto dende 1986. "A tensión dos prezos da electricidade, gas, os carburantes e outras materias primas estase a trasladar ao prezo do resto de bens e servizos que xa soben de xeito xeneralizado. As perspectivas non son boas, polo que toca actuar con celeridade", expoñen nun comunicado conxunto.

"O deterioro das condicións de vida das familias e persoas traballadoras e consumidoras, do tecido produtivo, e do conxunto da cidadanía, é moi palpable. Mes a mes as facturas da luz, a calefacción, a gasolina, os alimentos, a vivenda ou o transporte aumentan e detraen cada vez máis e máis recursos. O conxunto da sociedade está sufrindo esta situación, pero é a poboación máis vulnerable, a que non chega a fin de mes ou o fai con dificultades, os que a padecen de forma máis cruel", subliñan. 

Amais, todo fai prever que a "inxustificable" guerra iniciada por Rusia coa invasión de Ucraína "terá como consecuencia unha aceleración da inflación que pon en risco o acceso a bens e servizos esenciais, a recuperación económica e a creación de emprego intensificando os problemas de desigualdade e pobreza".

Ante este escenario, os sindicatos e organizacións sociais convocantes chaman á administración a actuar. "Teñen a obriga de despregar todas as iniciativas que sexan necesarias para poñer fin a esta escalada dos prezos, para atallar comportamentos especulativos e para protexer e dar seguridade ao conxunto da cidadanía", afirman.

Peticións dos convocantes

Por estes motivos, as organizacións convocantes destas mobilizacións esixen que se cambie o "irracional" sistema marxinal de fixación do prezo da electricidade; que se tope o prezo máximo do MWh na poxa; que se poña fin aos beneficios extraordinarios e abusivos das empresas eléctricas e de hidrocarburos; e que se aceleren os investimentos para reducir a dependencia enerxética externa e se fomente o uso do transporte público.

Protexer á cidadanía e ás familias; apoiar ós sectores produtivos que máis enerxía consumen; activar o mecanismo RED para evitar despedimentos, e controlar os prezos dos alugueiros evitando que se revaloricen co IPC son outras das súas demandas.

UGT, CCOO e outras organizacións sociais chaman a mobilizarse pola contención dos prezos