O prezo é un factor determinante á hora de mercar para un 70% dos fogares galegos

UCGAL rexeita a suba dos prezos dos alimentos ao consumidor como solución ás reivindicacións dos produtores

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) rexeita a suba do prezo dos produtos agrarios ao consumidor como fórmula para solucionar os baixos prezos en orixe que os produtores denuncian.
UCGAL rexeita a suba dos prezos dos alimentos ao consumidor como solución ás reivindicacións dos produtores
Vitrinas de conservación que utilizan CO2 en el supermercado Plenus de Cabral, Vigo.
A distribución comercializa só o 7% da produción agraria española.

Ante as últimas mobilizacións do sector agrario, a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) considera que as persoas consumidoras non poden ser unha vez máis a solución a un problema do cal non son responsables directas.

Segundo a asociación de consumidores, o prezo segue a ser un factor determinante á hora de mercar. Como recolle o estudo Hábitos Alimentación 2019, elaborado pola UCGAL, o 70% dos fogares galegos que modificaron os seus hábitos de compra para adaptalos a súa capacidade adquisitiva optaron, como medida principal, polas ofertas; é dicir, polos produtos máis baratos.

“A nosa afirmación de que o consumidor non está disposto a pagar máis é do todo comprensible, máxime cando a súa opinión non é tida en conta, ou nin sequera escoitada, nos observatorios nos que se debate sobre a evolución de prezos dos produtos do sector primario”, afirma o secretario xeral da organización, Miguel López Crespo.

O 80% da produción agraria vai á exportación

Segundo cifras do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Federación Española de Asociacións de Produtores Exportadores de Froitas, Hortalizas, Flores e Plantas Vivas (FEPEX), o 80% da produción agraria do ano 2019 en España destinouse á exportación e o 20% ao mercado interior do país, unha porcentaxe dentro da cal o 13% tivo por obxecto a venda directa ao consumidor; ocupándose a distribución da comercialización do 7% da produción total. Tendo en conta este datos, desde a UCGAL ven lóxico pensar que o problema do sector agrario pode que vaia máis alá dese 13%.

UCGAL rexeita a suba dos prezos dos alimentos ao consumidor como solución ás reivindicacións dos produtores