O alcalde destaca a ubicación estratéxica do municipio pontevedrés para as empresas

SEA explora as posibilidades de desenvolver solo industrial na Cañiza

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo, acompañada de técnicos da entidade, desprazouse este luns ata o concello da Cañiza (Pontevedra), para analizar e coñecer a situación de solo industrial na localidade e a posible existencia de demanda empresarial.
SEA explora as posibilidades de desenvolver solo industrial na Cañiza
A xerente de SEA e o alcalde da Cañiza visitaron posibles ubicacións para o desenvolvemento de solo industrial no municipio.
A xerente de SEA e o alcalde da Cañiza visitaron posibles ubicacións para o desenvolvemento de solo industrial no municipio.

Con esta visita a A Cañiza, a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, cumpría o compromiso acadado en decembro co alcalde da Cañiza, Luís Piña, para analizar e coñecer a situación de solo industrial na localidade pontevedresa e a posible existencia de demanda empresarial.

Co obxectivo de coñecer de xeito concreto a situación empresarial da localidade,  Piña, Sestayo e os técnicos de SEA desprazáronse ata as áreas industriais de Ribadil I, Ribadil II e Parque Uceira e a posibles ubicacións para o desenvolvemento de solo tanto industrial como empresarial.

A reunión xorde do interese amosado polo rexedor en mellorar a oferta industrial do municipio, ante a súa situación próxima tanto a Vigo como Ourense e a cercanía a Portugal e enmárcase nas xestións que está a realizar a actual xerente no marco da estratexia de expansión que está a impulsar a entidade “Suelo Empresarial del Atlántico”.

Neste senso, Beatriz Sestayo lembrou que na actualidade SEA xestiona 13 polígonos empresariais en Galicia, nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. No caso de abordar o desenvolvemente de novos proxectos estarán rexidos por principios de demanda real e ubicación, así como a implicación da propia administración local. Dende SEA valorarase esta actuación, conforme aos principios esenciais da existencia dunha demanda empresarial e unha ubicación óptima co obxectivo final de contribuir ao “desenvolvemento socio económico de Galicia”, incidiu Sestayo.

 “Hoxe contrastamos a ubicación estratéxica da Cañiza, así como a claridade do proxecto do Concello no desenvolvemento socio económico da zona. O Concello remitirá en breve un estudo detallado que valoraremos dende a convicción de que é un lugar enormemente interesante e de expectativa para a creación de riqueza e emprego”, expuxo Beatriz Sestayo.

Ubicación estratéxica

O alcalde, destacou “o paso importantísimo”da presenza da xerente de “SEA” e dos técnicos da entidade. “Queda camiño pero esperamos culminalo con froitos. Agradecer a predisposición que existe do organismo, dependente do Goberno de España”.

 “Somos o centro do sur de Galicia, dende un punto de vista estratéxico estamos nun sitio con  moitísimo potencial. En relación coas vías de comunicacións, Vigo, Ourense e o norte de Portugal, coa cercanía importante á Plisan. En ano e medio que levo de alcalde xa recibín chamadas de varias iniciativas mercantís e empresariais interesadas en áreas industriais da Cañiza e, a día de hoxe, aínda sabendo as complicacións do pasado ano 2020 debido á pandemia da covid-19, temos unha importante demanda e un problema de disponibilidade de solo industrial. Temos potencial, temos demanda, temos ubicación pero non temos solo industrial”, concluiu.

SEA explora as posibilidades de desenvolver solo industrial na Cañiza