Reunión co Concello de Vimianzo

SEA estuda ofrecer parcelas en dereito de superficie no polígono de Vimianzo

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, mantiveron a pasada semana unha xuntanza na que analizaron propostas para impulsar o asentamento empresarial no polígono deste muncipio coruñés., como ofrecer parcelas baixo a fórmula de dereito de superficie.
SEA estuda ofrecer parcelas en dereito de superficie no polígono de Vimianzo
Beatriz Sestayo, xerente de SEA, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, na xuntanza.
Beatriz Sestayo, xerente de SEA, e Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, na xuntanza.

Trala reunión, Concello de Vimianzo e Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) estudarán agora cales serán as parcelas que se poderán ofertar en dereito de superficie para facilitar o asentamento de empresas. 

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo puxo de relevo que a intención da entidade que dirixe é que Vimianzo sexa punteiro no seu plan para “a instalación de puntos de carga eléctrica de vehículos, dentro da liña que impulsará Suelo Empresarial del Atlántico para fomentar a sustentabilidade e o desenvolvemento empresarial", e en paralelo á progresiva modernización dos seus polígonos empresariais, 13 en toda Galicia. 

Como terceiro punto, Beatriz Sestayo explicou que a SEA está avaliando novas fórmulas de financiación, que serán presentadas en breve, como obxectivo de favorecer a implantación de empresas. 

Ao termo do encontro, Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, valorou moi positivamente a importancia de implantar medidas como o dereito de superficie no parque empresarial porque “sumará para que os empresarios poidan comezar a súa actividade con máis facilidades”, xunto coa posibilidade de contar con novas formas de financiación. En paralelo, amosou a súa satisfacción pola posibilidade de que o polígono conte cun punto de recarga para vehículos eléctricos, ao ter “unha ubicación extraordinaria”. “O Concello colaborará nas súas posibilidades na implantación de medidas de sostenibilidade enerxética”, avanzou.

Nas próximas semanas dende o Concello informarase destas iniciativas ao sector empresarial para avanzar na implantación de empresas que xa teñen amosado o seu interese no polígono. 

O Parque Empresarial de Vimianzo está desenvolvido dende unha superficie bruta de 335.000 metros cadrados, dos que aproximadamente se destinan 169.000 a parcelas de diferente uso para dar cabida a todo tipo de actividades empresariais. 

SEA estuda ofrecer parcelas en dereito de superficie no polígono de Vimianzo