Ata maio de 2018

Publicada no DOG a ampliación para solicitar a liña de préstamos BEI

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a ampliación do prazo, ata maio de 2018, para presentación de solicitudes á liña de préstamos do Igape que se financia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)

Publicada no DOG a ampliación para solicitar a liña de préstamos BEI

A través deste programa, o Igape apoia tanto investimentos de ampliación, renovación tecnolóxica ou modernización de instalacións industriais, como de circulante para que as empresas poidan reforzar as súas estruturas financeiras e avanzar nos seus procesos de crecemento ou internacionalización.

O programa de préstamos BEI inclúe unha liña que regula a concesión de créditos para financiar, con prazos de amortización que poden alcanzar ata os 12 anos, ata o 50% dos proxectos de investimento desenvolvidos en Galicia, fundamentalmente os promovidos por pemes industriais e empresas do sector da automoción. O programa está habilitado para financiar ademais circulante, préstamos de ata 500.000 euros e con prazos de amortización de 2 a 5 anos, para reforzar as estruturas financeiras das pemes galegas para procurar que poidan medrar, mesmo cara a mercados exteriores.ç

Balance

A través da liña fornecida con fondos do BEI, o Igape concedeu durante os últimos meses préstamos por importe de 6,5 millóns de euros, facilitando a realización de investimentos así como operacións de circulante a 17 compañías. A previsión da Xunta é mobilizar ata 20 millóns de euros no próximo ano a través desta liña de préstamos.

Publicada no DOG a ampliación para solicitar a liña de préstamos BEI