A primeira fase dos sistemas xerais da Plataforma Loxística está executada nun 70%

Os primeiros 100.000 metros cadrados da Plisan ofertaranse a 50 euros o metro cadrado

A comisión de seguimento da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan), acordou a licitación da depuradora desta infraestrutura industrial, amáis de informar sobre o pago de expropiacións e as condicións da primeira oferta de solo empresarial.

Os primeiros 100.000 metros cadrados da Plisan ofertaranse a 50 euros o metro cadrado
Reunión da comisión de seguimento da Plisan en San Caetano.
Reunión da comisión de seguimento da Plisan en San Caetano.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, a delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García mantiveron unha xuntanza para analizar os avances no acordo para o impulso da Plataforma Loxística.

Por parte da Xunta, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda informou de que está xa redactado o anteproxecto da estación depuradora de augas residuais da primeira fase, que dará servizo á Plataforma loxística, polo que xa é posible iniciar a contratación da redacción do proxecto e a obra dese equipamento, por importe de preto catro millóns de euros. Así na comisión de seguimento decidiuse a próxima publicación no Diario Oficial de Galicia desa licitación.

Ademais, Ethel Vázquez explicou que as obras da primeira fase dos sistemas xerais da Plisan están executadas no seu 70%. Estas actuacións inclúen as vías principais que vertebran os eixes norte-sur e este-oeste xunto con todas as infraestruturas que darán servizo ás parcelas e que se desenvolven baixo estas vías. Ata o momento executáronse as capas inferiores de cimentación das vías e os servizos xerais previstos como saneamento, abastecemento ou telefonía. Tamén se executou un paso inferior baixo o cal discorrerá a vía que dará continuidade á zona de actividade loxística.

Doutra banda, na reunión, deuse conta de que, nos vindeiros días, se procederá ao pago de algo máis dun millón de euros aos propietarios das fincas afectadas polas expropiacións de solo para o seu desenvolvemento. Estes pagos súmanse aos realizados nos anos 2015 e 2016, que afectaron a 764 fincas, cun importe total nos dous anos de preto de 915.000 euros que se suman ao 1.088.371 de eursos que se pagará agora.

Oferta de solo empresarial

A comisión da Plisan confirmou que as condicións de oferta do solo empresarial da plataforma serán competitivas e atractivas. En concreto, os primeiros 100.000 metros cadrados ofertaranse a un prezo de 50 euros o metro cadrado. O solo empresarial desta infraestrutura industrial ofertarase tamén en réxime de dereito de superficie coas mesmas condicións que as doutros parques industriais da Xunta. A modalidade de dereito de superficie permite aos adxudicatarios acceder ao solo empresarial por un período de 30 anos prorrogable co pago dun pequeno canon mensual.

Os primeiros 100.000 metros cadrados da Plisan ofertaranse a 50 euros o metro cadrado