Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de xullo

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica crece un 3% en xullo grazas ao turismo

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de xullo un incremento interanual do 3,0%, cinco décimas por riba da taxa do mes de xuño. A recuperación do turismo explica o crecemento da actividade económica que vive a Comunidade desde maio.
O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica crece un 3% en xullo grazas ao turismo
El "Independence of the Seas" en el Puerto de A Coruña.
A chegada de viaxeiros e o transporte de pasaxeiros incrementáronse por riba dun 20% en termos interanuais. Na imaxe, un cruceiro na Coruña.

Segundo destacan desde o Foro Económico de Galicia, autores do  Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica, a chegada de viaxeiros e o transporte de pasaxeiros incrementáronse por riba dun 20% en termos interanuais, mantendo ascensos extraordinarios dende comezos de ano.

En todo caso cómpre sinalar que este bo comportamento vai ser transitorio polas incertezas na contorna internacional, a alza dos prezos nas materias primas e a crise enerxética.  A falta dunha solución ao conflito no medio prazo está xa a pasar factura na confianza dos consumidores albiscando complicacións de cara ao inverno.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, xunto coas variables turísticas cómpre salientar, como xa acontecera en xuño, o comportamento das importacións cun incremento interanual superior ao 25%.   En sentido contrario, o índice de produción industrial continua o seu retroceso comezado en maio cun descenso próximo ao 40% en termos interanuais.

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica crece un 3% en xullo grazas ao turismo