As variables relacionadas co comercio internacional, as que máis medran

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica anota en agosto de novo un 3,5%

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica do mes de agosto repite os valores acadados no mes anterior: un 3,5% de crecemento interanual.

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica anota en agosto de novo un 3,5%
Las empresas de Galicia exportaron en el mes de abril bienes por valor de 2.359 millones de euros.
As variables recollidas no Indicador Abanca Foro de Coxuntura que experimentan un maior crecemento son as relativas ao comercio internacional.

En termos intertrimestrais, o crecemento económico de Galicia entre xuño a agosto tamén permanece estable nun valor de 1,0%. Recordan desde o Foro Económico de Galicia, autores do indicador, que en xullo diminuíra dúas décimas respecto ao mes anterior.   

Os expertos do Foro entenden que este é un resultado positivo, "na medida na que non se profundiza na desaceleración e se mantén unha velocidade notable no terceiro trimestre".

En termos interanuais, as variables recollidas no Indicador que experimentan un maior crecemento son as relativas ao comercio internacional (exportacións e importacións).  No lado oposto, a variable que tivo un peor comportamento en termos interanuais é a produción de vehículos turismo, que leva dende o mes de maio en clara tendencia á baixa.

O Indicador está elaborado pola equipa de conxuntura económica do Foro Económico de Galicia.  Para a súa confección pártese da análise e cuantificación de 15 variables económicas que inclúen cifras de emprego, facturación empresarial, comercio internacional, actividade industrial e do sector servizos. 

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica anota en agosto de novo un 3,5%