O órgano asesorará ao Goberno galego en políticas de solo

O IGVS inicia os contactos para a constitución do Observatorio do Solo Empresarial

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou os contactos cos axentes sociais dirixidos á próxima constitución do Observatorio de Solo Empresarial.

O IGVS inicia os contactos para a constitución do Observatorio do Solo Empresarial

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, reuniuse este martes con David Sobral Pidre, membro do Comité Executivo da Confederación de Empresarios de Galicia e secretario xeral de Federación Galega de Parques Empresariais, e con Xosé Antonio Neira, director do departamento de Relacións Laborais e Asesoría Xurídica da Confederación de Empresarios.

Na reunión, Heriberto García explicou as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facilitar a implantación das empresas nos parques empresariais autonómicos, como son as bonificacións do 30 ou 50% do prezo de venda e a adxudicación en dereito de superficie, que permite ás empresas acceder ao solo empresarial pagando un reducido canon anual e centrando os seus investimentos iniciais nos procesos produtivos.

Grazas ás medidas adoptadas pola Xunta, dende 2015 adxudicáronse máis de 728.000 metros cadrados de solo, o que supón un incremento notable respecto dos anos anteriores e regresar a un volume de adxudicación anual similar ao do ano 2008.

Actualmente a meirande parte das empresas adxudicatarias de solo bonificado están desenvolvendo xa o seu plan de negocio, construíndo as súas instalacións ou redactando proxectos, xa que a bonificación está condicionada a rematar as instalacións e obter a licenza de actividade no prazo máximo de tres anos dende a sinatura da escritura de compravenda.

A reunión serviu para presentar á Confederación de Empresarios de Galicia o futuro Observatorio de Solo Empresarial no que está a traballar o Instituto Galego da Vivenda e Solo. A esta reunión seguirán outras con todos os axentes sociais interesados. Este observatorio terá como obxectivo facilitar e coñecer a realidade en cada momento sobre o solo empresarial en Galicia e asesorar ás administracións públicas galegas para o desenvolvemento das súas políticas de solo, así como avaliar o seu impacto.

O IGVS inicia os contactos para a constitución do Observatorio do Solo Empresarial