Segundo a Enquisa coxuntural a fogares do IGE

O IGE detecta unha mellora da situación económica dos fogares galegos e da confianza dos consumidores

O Instituto Galego de Estatística (IGE) detecta unha mellora da situación económica dos fogares galegos e, ao mesmo tempo, un aumento da confianza dos consumidores, segundo reflicte a Enquisa coxuntural a fogares referente ao segundo trimestre do ano publicada este martes.

O IGE detecta unha mellora da situación económica dos fogares galegos e da confianza dos consumidores

Segundo esta enquisa, o número de fogares que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 54,5%, mentres que o a cifra de fogares con dificultade ou moita dificultade descendeu ata o 45,5%. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010 (daquela era o 58,5%). 

De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia en máis de 10 puntos no último ano, mentres que o incremento é de 6,4 puntos en comparación co primeiro trimestre de 2017. 

Ademais, a enquisa do IGE mostra tamén unha redución dos fogares que no segundo trimestre tomaron medidas para reducir gastos, aumentar ingresos ou afrontar pagos. Por exempo, o instituto estadístico ratifica que baixan os fogares que cambian os seus hábitos de compra para aforrar, que diminúen outros gastos comúns –como roupa, calzado ou transporte- e que reciben axuda económica de familiares ou amizades.

Confianza do consumidor

En canto á confianza dos fogares, o indicador de confianza do consumidor tamén acadou no segundo trimestre o mellor resultado de toda a serie histórica, ao situarse no -8,18. Isto supón unha mellora de máis de 8 puntos respecto ao mesmo trimestre de 2016 (-16,37), e un incremento de 1,4 puntos sobre o trimestre anterior.

Esta mellora é consecuencia das mellores perspectivas que teñen os fogares galegos sobre a situación financeira persoal, sobre a situación económica de Galiica ou sobre a evolución do desemprego nos vindeiros meses.

O IGE detecta unha mellora da situación económica dos fogares galegos e da confianza dos consumidores