Barómetro BAEXGA do 1º trimestre

Galicia, ao nivel de España en desempeño exportador

O Barómetro Exportador de Galicia do Foro Económico de Galicia (BAEXGA) do primeiro trimestre de 2017  pon de manifesto que Galicia acompaña ao conxunto da economía española no seu excelente desempeño exportador. tanto en vo­lume exportado como en incorporación de novas empresas exportadoras.

Galicia, ao nivel de España en desempeño exportador
Las empresas de Galicia exportaron en el mes de abril bienes por valor de 2.359 millones de euros.
O BAEXGA mide o pulso competitivo da economía galega.

Nomeadamente, cómpre salientar que, neste primeiro trimestre de ano, dos oito indicadores do BAEXGA,  Galicia iguala en catro a excelencia ex­portadora do conxunto de España. Son a taxa de crecemento interanual das exportacións, a taxa de crecemento internanual das exportacións cara á Unión Europea, a taxa de crecemento interanual das empresas exportadoras e a taxa de crecemento interanual das empresas que exportan á UE. Noutros dous indicadores, Galicia recorta a fenda acumulada nos últimos dez anos, ao tempo que só cara as economías emerxentes o desempeño galego foi insuficiente.

Confección e automoción, comportamentos diferentes

Atendendo ao comportamento sectorial, as actividades da confección superan a notable cualificación exporta­dora total. Máis aínda, sitúanse por riba do dinamismo español da última dé­cada, observando só unha lixeira caída das empresas exportadoras cara á UE e un menor crecemento das exportadoras cara as economías emerxentes

O sector da automoción arranca o ano cun negativo comportamento exportador (sobre todo dentro da UE) e sen recuperar os niveis previos á crise (cousa que si é un feito no conxunto de España). No número de em­presas exportadoras anótase, pola contra, un comportamento positivo.

O BAEXGA, elaborado por expertos do Foro Económico de Galicia, avalía o pulso competi­tivo da economía galega tendo en conta non só as cifras de vendas ao exterior senón tamén o número de empresas que as realizan. Nos dous casos consi­dérase a evolución interanual total, pero tamén o detalle do que sucede nos mercados europeos e cara as grandes economías emerxentes. O BAEXGA incorpora ao mesmo tempo a evolución no longo prazo (nos últimos dez anos) tanto das exportacións como das empresas exportadoras. 

Galicia, ao nivel de España en desempeño exportador