Cada municipio pode modificar ata dúas datas

Estes son os dez domingos e festivos de 2021 nos que poderán abrir as grandes superficies

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre eles as grandes superficies, poderán abrir en 2021.
Estes son os dez domingos e festivos de 2021 nos que poderán abrir as grandes superficies
Publicados los domingos y festivos que podrán abrir los centros comerciales en 2024.
Os centros comerciais galegos poderán abrir 10 domingos e festivos de 2021.

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura en 2021, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro); o Xoves Santo (1 de abril); o domingo 31 de outubro, véspera do día de Todos os Santos; os domingos 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 12, 19 e 26 de decembro.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Estes son os dez domingos e festivos de 2021 nos que poderán abrir as grandes superficies