Xuntanza coa conselleira de Emprego e Igualdade

EspazoCoop defende optar aos fondos europeos de recuperación

Dirixentes da Unión de Cooperativas EspazoCoop analizaron coa conselleira de Emprego e Igualdade a posibilidade de que o sector da economía social, e polo tanto o cooperativismo, poida acceder a fondos europeos a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno central.
EspazoCoop defende optar aos fondos europeos de recuperación
Ana Olveira (esq.) e Tino Gago (der.), presidenta e xerente de EspazoCoop, na reunión onliene coa conselleira Lorenzana e a secretaria xeral de Emprego.
Ana Olveira (esq.) e Tino Gago (der.), presidenta e xerente de EspazoCoop, na reunión online coa conselleira Lorenzana e a secretaria xeral de Emprego.

Segundo se confirmou no encontro coa conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, os proxectos a presentar aos fondos europeos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia deben ser transformadores e enmarcarse dentro das 10 políticas tratoras que marca o Plan elaborado polo Goberno; asemade serán valoradas as alianzas público-privadas.

Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, trasladoulle á conselleira os proxectos de EspazoCoop e a relevancia que teñen as cooperativas na nosa comunidade. Referiuse ao cooperativismo como a fórmula empresarial máis importante da economía social que está presente en todo tipo de actividades xerando autoemprego de calidade e creando cohesión social, que vén mostrando en repetidas crises e ocasións a súa capacidade de resistencia, adaptación e recuperación aos choques adversos.

Falou de como este modelo é unha ferramenta útil e de peso contra a perda de emprego, que ten moito que aportar en proxectos da axenda rural contra a despoboación, nas transformacións empresariais de empresas en crise ao cooperativismo, ou no campo dos novos coidados.

Olveira trasladou as demandas de EspazoCoop en axenda, vinculadas con dotar de maior visibilización o cooperativismo e potencialo como un sector e axente clave de interlocución, e tamén plantexou a necesidade de impulsar medidas de apoio ás cooperativas ou a abordaxe de reformas lexislativas.

Entre as demandas transmitidas no encontro, as dirixentes da Unión de Cooperativas, falaron da preocupación porque as cooperativas sen ánimo de lucro, unha empresa máis con impacto no emprego, podan ser recoñecidas e tratadas en igualdade de condicións nas administracións, como outras cooperativas e empresas, sen verse afectadas e prerxudicadas nas actividades que realizan no ámbito educativo, social ou cultural, por distintos tipos de agravios comparativos que se veñen producindo.

Por último, a presidenta da Unión, destacou o papel que ten o cooperativismo de traballo no fomento e potenciación da igualdade de xénero, porque se trata dun modelo empresarial de xetión democrátiva e horizontal, onde as mulleres poden desenvolverse máis facilmente en igualdade de condicións e mesmo acceder a responsabilidades directivas.

EspazoCoop

As cooperativas integradas en EspazoCoop sitúanse no marco dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Son 1.224 socias traballadoras e 1.228 persoas socias de consumo, das cales o 58,17% son mulleres. A distribución das cooperativas afiliadas por tipoloxía é 168 cooperativas de traballo, 26 de cooperativas de ensino, cinco cooperativas de consumo, e unha cooperativa de explotación comunitaria da terra.

A Unión conta ademais con 2 sectoriais, a Sectorial de cooperativas de ensino e a Sectorial de cooperativas do ámbito cultural (28 cooperativas), un importante grupo de cooperativas sen ánimo de lucro (20).

EspazoCoop defende optar aos fondos europeos de recuperación