Indicador Abanca Foro de Coxuntura

A economía galega consolida o seu crecemento en marzo

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de marzo un incremento interanual do +1,9%: valor que supón un aumento de catro décimas con respecto ao mes de febreiro. 
A economía galega consolida o seu crecemento en marzo
Las gasolineras defienden que cumplen los requisitos para optar a las ayudas: una caída de la facturación de un 30% y que la empresa sea viable.
Destaca o comportamento da matriculación de vehículos turismo xunto co consumo de gasolina e gasóleo.

Con este aumento, o indicador consolida a senda alcista iniciada en xaneiro deste ano, aínda que lonxe dos valores máximos acadados en 2022, cunha cota máxima de 3,2% en agosto.

Este dato concorda coa Contabilidade rexional do Instituto Galego de Estatística (IGE) que, nas súas Contas económicas trimestrais de Galicia recentemente publicadas, recolle un incremento interanual no mes de marzo do 2,8%. Esta cifra supón 6 décimas máis que o trimestre anterior cando se rematara o ano 2022 cun crecemento do 2,2%.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador cómpre destacar o comportamento da matriculación de vehículos turismo xunto co consumo de gasolina e gasóleo. A primeira das variables xa ocupara posición destacada o mes anterior, mentres que a segunda incorpórase este mes ao ranking das que máis crecen en termos interanuais con crecementos próximos ao 20%.

En sentido contrario, o transporte marítimo de mercadorías cargadas e descargadas nos portos galegos e os viaxeiros entrados nos hoteis sofren descensos en torno ao 10% en termos interanuais no mes de marzo. Neste caso salienta o dato dos viaxeiros, logo de moitos meses cun comportamento favorable das variables turísticas incluídas no indicador que elabora o Foro Económico de Galicia.

A economía galega consolida o seu crecemento en marzo