Da Deputación de Pontevedra

Duplícanse os participantes nos cursos do programa SmartPeme

SmartPeme, a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixido a pemes, autónomos e emprendedores posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de 2017.

Duplícanse os participantes nos cursos do programa SmartPeme

A cifra supón un incremento do 47% respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior. Trátase duns datos moi positivos que poñen de manifesto a utilidade do proxecto e que veñen a ser o resultado dos esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento, sinalan desde a Administración provincial..

En concreto, entre xaneiro e marzo de 2017 o “SmartPeme” ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os cursos foron do máis variado, dende formación básica en redes sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas como Hootsuite ouFacebook Ads. Ademais, nestes primeiro trimestre de 2017, os servizos de asesoramento de SmartPeme foron solicitados po 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos das TIC, o que representa un aumento de case o 50%.

O proxecto de asesoramento, que dá servizo a toda a provincia a través dos seis puntos de atención nos concellos de Cambados, Lalín, Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo, e da páxina web smartpeme.depo.es, está permitindo que cada vez máis axentes do sector empresarial se aproveiten destes servizos para mellorar a produtividade e incrementar as vendas dos seus negocios.

 

Comentarios
Duplícanse os participantes nos cursos do programa SmartPeme