A Cámara pide ao Igape colaboración para apoiar ás empresas da demarcación

Os directores de Igape e XesGalicia coñecen de primeira man as actividades da Cámara compostelá

O director do Igape, Fernando Guldrís, e o de XesGalicia, Rubén Aguión, visitaron este venres a Cámara de Comercio de Santiago máis o seu viveiro de empresas.
Os directores de Igape e XesGalicia coñecen de primeira man as actividades da Cámara compostelá
Directivos da Cámara de Santiago xunto ao director do Igape e ao de XesGalicia.
Directivos da Cámara de Santiago xunto ao director do Igape e ao de XesGalicia.

Guldrís e Aguión foron recibidos polo vicepresidente da Cámara de Santiago, José Carballo, a secretaria xeral, Rosa Mary Cardeso, e o responsable de Internacionalización, Fernando Pérez-Soba.

A reunión tiña como obxectivo que os responsables de Igape e XesGalicia coñeceran de primeira man as actividades que está a realizar a Cámara santiaguesa en eidos como a innovación, a internacionalización -campo no que xa colaboran coa Xunta  a través do programa Foexga-, a dixitalización e o emprendemento, entre outros. A xuntanza incluiu unha visita ao viveiro de empresas da Cámara, que novamente voltou ser declarado por Funcas como o mellor viveiro de Galicia e o mellor de España na área de incubación avanzada.

O vicepresidente da Cámara, José Carballo, ofreceu ao Igape toda colaboración público-privada que puidera apoiar ás empresas da demarcación nestes momentos tan difíciles, e puxo o exemplo do Foexga como un modelo a repetir noutros campos de actividade.

Todos coincidiron en que hai que aproveitar ao máximo as liñas de axuda de fondos europeos para loitar contra os danos económicos derivados da pandemia e que para iso é preciso que todos os organismos funcionen dun xeito coordinado, áxil e colaborativo.

Comentarios
Os directores de Igape e XesGalicia coñecen de primeira man as actividades da Cámara compostelá