Ambas entidades asinarán un convenio de colaboración

A Deputación de Ourense achegará 100.000 euros para potenciar o viveiro de empresas e as "antenas" locais da Cámara

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente da Cámara de Comercio de Ourense, Juan Carlos Parada, e a directivos da organización cameral, con que falou de temas relacionados co emprego e a economía na provincia de Ourense.

A Deputación de Ourense achegará 100.000 euros para potenciar o viveiro de empresas e as "antenas" locais da Cámara
Javier Soto, Manuel Baltar e Juan Carlos Parada, na Deputación de Ourense./A.PAZ.
Javier Soto, Manuel Baltar e Juan Carlos Parada, na Deputación de Ourense./A.PAZ.

Na xuntanza avanzaron nas liñas de colaboración que impulsarán conxuntamente as dúas entidades, relacionadas cos ámbitos da internacionalización, a promoción de Ourense e a cooperación para explorar canles de negocio e competitivdade, e acordaron asinar un convenio de colaboración para 2017, segundo o cal a Deputación achegará 100.000 euros para potenciar as “antenas” do Barco e Verín e o viveiro de empresas que a Cámara ten en Tecnópole.

Na reunión, a Cámara de Comercio pediulle a Manuel Baltar que a Deputación promova unha nova misión comercial USA-Ourense, tralo éxito acadado no encontro entre empresas ourensás e de Estados Unidos en 2016. De feito desde a Administración provincial xa se está a traballar na segunda edición, “para a cal estamos a facer xestións co Goberno estadounidense e elaborando o programa de actividades, que estimamos desenvolver a mediados do vindeiro mes de xuño en diferentes puntos da provincia de Ourense”, explicou Manuel Baltar.  

Na reunión o presidente do goberno provincial e os directivos da Cámara de Comercio analizaron tamén os datos positivos de emprego na provincia de Ourense, que vén de presentar o Observatorio Económico Ourensán, ademais de propoñer levar a cabo accións conxuntas no que atinxe ao turismo e o termalismo.

A Deputación de Ourense achegará 100.000 euros para potenciar o viveiro de empresas e as "antenas" locais da Cámara