Ata 12 adegas participaron na xornada

A D.O. Ribeiro lánzase á conquista do mercado irlandés

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro, xunto cunha delegación das súas adegas, presentou os seus viños ao público profesional e prensa especializada de Dublín, Irlanda, nun showroom propio celebrado o pasado martes 17 de outubro.

A D.O. Ribeiro lánzase á conquista do mercado irlandés
Masterclass sobre los vinos de la D.O. O Ribeiro, en Dublín (Irlanda).
Participantes na clase maxistral sobre os viños da D.O. O Ribeiro, en Dublín (Irlanda).

Neste encontro, coordinado pola Unión Española de Catadores en terras irlandesas, os viños e os seus creadores foron os protagonistas e na que os visitantes puideron catar un total de 38 referencias entre viños brancos e tintos.

Alanís, Campante, Casal de Armán, Cunqueiro, Cuñas Davia, Eduardo Peña, Finca Viñoa, Pablo Vidal, Pateiro, Pazo do Mar, Val de Souto e Viña Costeira foron as adegas que lograron cos seus viños que Dublín se convertera, por unha xornada, na capital do viño Ribeiro.

O evento iniciouse cunha clase maxistral guiada por John Wilson, recoñecido crítico de viños do diario The Irish Times, seguido dunha cata variada de viños da denominación.

Juan M. Casares Gándara, presidente do C.R.D.O. Ribeiro, sinalou que “con esta potente iniciativa ofrecemos a adegas pequenas, medianas e grandes acceso a un novo mercado e que así poidan reforzar as súas canles de venda a nivel internacional. Puidemos celebrar esta minifeira en Dublín grazas ao apoio da Deputación de Ourense, representada nesta cita polo seu vicepresidente e alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil”.

A D.O. Ribeiro lánzase á conquista do mercado irlandés