CONVENIO DE COLABORACIÓN

O CPEIG e Ageinco promoverán a enxeñaría informática en Galicia

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco) veñen de asinar un convenio de colaboración para promover a defensa e apoio da enxeñaría informática en Galicia.
O CPEIG e Ageinco promoverán a enxeñaría informática en Galicia
Marta Gallego, secretaria xeral de Ageinco, Daniel Prieto, presidente de Ageinco, e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na sinatura online do convenio.
Marta Gallego, secretaria xeral de Ageinco, Daniel Prieto, presidente de Ageinco, e Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na sinatura online do convenio.

A finalidade deste acordo é a cooperación entre o CPEIG e Ageinco e entre os seus membros, en todas aquelas actuacións que poidan resultar de interese mutuo.

Entre as actuacións nas que van colaborar as dúas entidades destaca o desenvolvemento e promoción da enxeñaría informática en Galicia, así como a posta en valor da  enxeñaría informática en todo o territorio galego.

Por outro lado, búscase exercer a representación da profesión de maneira conxunta fronte a todo tipo de organismos públicos, en particular no relativo á defensa da mesma.As dúas institucións pretenden ademais contribuír ao perfeccionamento das ensinanzas da enxeñaría informática e a formación no ámbito galego.

Comentarios
O CPEIG e Ageinco promoverán a enxeñaría informática en Galicia