Regula por primeira vez en España os usos asociados ao lecer

Conde presenta ao sector a nova Lei de aproveitamento lúdico augas termais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron a representantes da Cámara Oficial Mineira, a Asociación de Balnearios de Galicia e o grupo Caldaria o proxecto de Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que comeza a súa tramitación parlamentaria.
Conde presenta ao sector a nova Lei de aproveitamento lúdico augas termais
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reunirase con axentes do sector para presentarlles o proxecto de Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. Na sala de xuntas da Consellería (4º andar).
foto xoán crespo
05/08/2019
O conselleiro Francisco Conde e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron o proxecto de Lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia./X.CRESPO.

A nova normativa, que é pioneira en España á hora de ordenar o uso lúdico das augas termais, complementa a regulación existente no eido da súa utilización con fins terapéuticos non balnearios -dando resposta  á nova realidade dun sector de actividade que presenta grandes potencialidades asociadas ao benestar a ao lecer- e busca impulsar e protexer este recurso, que é estratéxico para a Comunidade “desde o punto de vista natural, patrimonial, cultural e turístico”, segundo afirmou o conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Tal e como explicou o conselleiro, o texto foi elaborado coa participación dos principais axentes e sectores con intereses na materia, e distingue de xeito claro entre as augas termais destinadas a usos terapéuticos e preventivos, cun aproveitamento realizado en exclusiva en establecementos balnearios, tal e como xa recolle a normativa vixente; das augas termais destinadas a usos lúdicos, que se aproveitan en espazos e piscinas termais.

Estas últimas son as que se regulan neste proxecto de lei, que determina as liñas xerais do procedemento administrativo de outorgamento das correspondentes concesións ou autorizacións, fíxanse os dereitos e obrigas dos titulares dos aproveitamentos e prevese un réxime de inspección e sanción. Do mesmo xeito, a nova normativa establece un procedemento simplificado para a regularización dos aproveitamentos lúdicos preexistentes, outorgando un prazo dun ano.

Coa nova lei, preténdese velar pola salubridade e hixiene dos aproveitamentos turísticos das augas termais; garantir a sustentabilidade ambiental, mediante unha explotación racional que preserve o medio ambiente e o acuífero, tanto en termos de calidade como de cantidade; protexer a súa integridade como recurso natural, patrimonial e turístico, e promover o desenvolvemento económico e social das poboacións onde xorden augas termais, “permitindo fixar poboación e emprego no rural”, subliñou Conde.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou a importancia desta normativa para velar pola calidade do termalismo en Galicia e dotar de seguridade xurídica e garantías ao sector e aos clientes de iniciativas termais asociadas ao lecer que en moitos casos se converten en reclamo turístico. 

As cifras do sector

Galicia é a maior potencia termal de España con 300 captacións de augas mineromedicinais, 21 balnearios ademais de talasos –con máis de 3.000 prazas hoteleiras, o que representa o 20% da oferta nacional– e recibe anualmente preto de 150.000 usuarios. Ademais, 7 dos 33 balnearios de España coa Q de Calidade Turística son galegos.

Conde presenta ao sector a nova Lei de aproveitamento lúdico augas termais