Dixitalización da administración pública

O Concello de Rois robotiza procesos administrativos da man de Audicon

O concello coruñés de Rois participa nun ensaio piloto para probar a robotizacion de procesos na administración da man da empresa santiaguesa Audicon.
O Concello de Rois robotiza procesos administrativos da man de Audicon
O alcalde e a interventora do concello de Rois, xunto ao responsable de Audicon.
O alcalde e a interventora do Concello de Rois, xunto ao responsable de Audicon.

Audicon vén de poñer en marcha catro robots que traballan como unha aplicación software replicando as tarefas dunha persoa, pero a velocidades moitísimo máis rápidas e, ademais, sen cometer erros, segundo explicou José Manuel Otero, socio de Audicon, durante a presentación desta experiencia pioneira nunha rolda de prensa celebrada en Santiago.

Esta tecnoloxía informática de automatización de procesos de negocio denomínase RPA (Robotic Process Automation) e utilízase para mecanizar e axilizar procesos administrativos repetitivos e, case sempre  tediosos, que ocupan moito tempo aos empregados públicos.

Concello de Rois participou no primeiro ensaio piloto para probar esta tecnoloxía na súa administración. O seu alcalde, Ramón Tojo, afirmou que a experiencia na automatización de procesos resultou sumamente útil para optimizar os escasos recursos humanos cos que contan as administracións locais.

A interventora do concello, Begoña Collazo, explicou a implantación desta robotización no proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda, unha obriga legal que teñen todos os municipios. Este proceso, que consiste en cubrir 12 formularios distintos na Oficina virtual do Ministerio) leváballe á interventora unha media de oito horas. Co programa piloto aplicouse o RPA a cinco deses formularios, equivalentes a unhas tres horas de traballo da interventora. O desempeño foi realizado polo sistema en 20 minutos, o que supón arredor dunha décima parte do tempo adicado pola interventora anteriormente, o que lle permitiu centrarse noutras tarefas de maior valor engadido.

O sistema  RPA está a probarse tamén a nivel provincial na Deputación de Badajoz e os responsables de Audicon esperan poder ampliar a súa implantación a outros concellos galegos e outras administracións públicas nos próximos meses.

O Concello de Rois robotiza procesos administrativos da man de Audicon