Piden unha xuntanza coa Consellería de Economía, Emprego e Industria

O comité de empresa ve na venda da fábrica de Ferroatlántica unha "segregación encuberta"

O comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas vén de expresar as súas dúbidas ao redor da operación de venda da fábrica á empresa Íthaka, que consideran unha "segregación encuberta das actividades".

O comité de empresa ve na venda da fábrica de Ferroatlántica unha "segregación encuberta"
Central hidroeléctrica de Ferroatlántica en el río Xallas.
Central hidroeléctrica de Ferroatlántica no río Xallas.

O comité mantivo este xoves unha xuntanza con representantes de Ferroatántica e de Íthaka para analizar. as condicións da venda do complexo industrial e enerxético da Costa a Morte. 

Segundo valoraron desde o comité de empresa, "nin Ferroatlántica nin sobre todo Íthaka adquiriron ningún compromiso por escrito do futuro funcionamento deste centro de traballo, nin fixeron entrega do contrato de compra-venda. Os termos da operación anunciada están lonxe do plantexamento que o comité de empresa formulou e a consellería ten coñecemento".

Razoan os representantes dos traballadores que malia o o cambio de titularidade Ferroatlántica seguiría sendo o proveedor exclusivo e o comprador único de toda a producción das fábricas de Cee e Dumbría. "Deste xeito, as plantas funcionarían como unha especie de Maquila de Ferroglobe, e podería considerarse unha segregación encuberta das actividades", sinalaron.

De feito, o comprador confirmou que manterá os recursos legais contra a resolución de Augas de Galicia denegando a autorización para a segregación das centrais e que tampouco vai retirar o ERTE.

Nesta reunión Ferroatlántica anunciou que o pasado 1 de xullo presentou na Xunta de Galicia documentación para solicitar a cancelación do leasing que ten sobre as centrais.

O comité de empresa confía en ter unha xuntanza coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e agarda que esta actúe "co mismo criterio que no 2017 e se poña de lado dos traballadores e da comarca".

O comité de empresa ve na venda da fábrica de Ferroatlántica unha "segregación encuberta"