Convocan unha manifestación este venres 16

O comité de empresa amosa o seu rexeitamento ao ERTE na refinaría de Repsol

O Comité de Empresa da Refinaría de Repsol de A Coruña mantivo sendos encontros cos grupos parlamentarios do PSdG e o BNG para expoñerlles os motivos polos que rexeitan o ERTE anunciado a semana pasada pola compañía, que afectaría a 212 traballadores.
O comité de empresa amosa o seu rexeitamento ao ERTE na refinaría de Repsol
Membros do Comité de Empresa da Refinaría de Repsol mantiveron xuntanzas no Parlamento co grupo socialista e co grupo nacionalista.
Membros do Comité de Empresa da Refinaría de Repsol mantiveron xuntanzas no Parlamento co grupo socialista e co grupo nacionalista.

A dirección da refinaría de Repsol de A Coruña informou o pasado 8 de abril da súa intención de aprobar un expediente de regulación temporal do emprego (ERTE) por causas produtivas para 212 traballadores do complexo industrial durante un período de seis meses.

O Comité de Empresa da Refinaría de Repsol de A Coruña solicitou unha reunión cos tres grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia, e este xoves, membros do comité mantiveron sendas reunións cos representantes dos grupos parlamentarios socialista e nacionalista, aos que expuxeron as razón polas que manteñen un "rexeitamento frontal" á aplicación deste ERTE. Os representantes dos traballadores agradeceron a disposición dos dous grupos e o seu ofrecemento a seguir traballando "en prol dunha saída digna e con futuro para o emprego do noso centro de traballo e do tecido industrial das comarcas afectadas", sinala o comité nun comunicado.

Neste comunicado engádese que "ademais da severidade que esta medida ocasionará nas vidas dos traballadores e traballadoras de Repsol, non podemos esquecer o impacto que terá en todos os empregados das empresas contratistas que traballan coa Refinería e tampouco podemos minorar a importancia que terá na sociedade e na economía da contorna do Complexo Industrial onde más de 3.500 persoas será afectadas dunha o outra maneira".

A representación dos traballadores da refinaría rexeita a aplicación do ERTE "porque non podemos compartir que Repsol utilice as arcas públicas para cargar parte dos salarios dos seus traballadores. A responsabilidade social corporativa, da que tanto fan gala, tense que demostrar con feitos e non só con intencións, e aquí teñen a oportunidade de facelo... Retirando este atropelo contra todos traballadores e contra toda a economía das comarcas afectadas".

O Comité de Empresa da Refinería de A Coruña insta á Xunta de Galicia a traballar conxuntamente co Goberno do Estado para que a empresa Repsol reconsidere o ERTE anunciado e garanta os investimentos necesarios para afrontar o proceso de transición enerxética e o mantemento da actividade e o emprego nas instalacións da Coruña.

Asemade, anuncia unha manifestación para este venreas 16 de abril, que saíra do complexo industrial de Bens ás 15 horas.

O comité de empresa amosa o seu rexeitamento ao ERTE na refinaría de Repsol