No marco do festival Carballo Interplay

O Clúster Audiovisual promove contactos de negocio coa industria lusa de contidos dixitais

O Clúster Audiovisual Galego organizou unha misión comercial inversa que favoreceu o encontro entre produtoras galegas e empresas de Portugal, no marco da oitava edición do festival Carballo Interplay, celebrado nesta localidade coruñesa entre o 8 e o 11 de setembro.
O Clúster Audiovisual promove contactos de negocio coa industria lusa de contidos dixitais
Un dos encontros entre produtores galegos e portugueses celebrado no Festival Carballo Interplay.
Un dos encontros entre produtores galegos e portugueses celebrado no Festival Carballo Interplay.

A misión comercial organizada polo Clúster Audiovisual Galego serviu para poñer en contacto compañías do audiovisual galego coa delegación empresarial portuguesa, compartir experiencias e encontrar puntos de encontro empresariais que desemboquen en posibles novos proxectos.

Entre as produtoras, canles e creadores de contidos dixitais que formaron parte da delegación portuguesa estaban RTP (televisión pública de Portugal), Canal 180, Promenade Films, Ankylosaur, MT 360 Lda., Galo Bravo, PiXBee ou TODOS Creative & Production Force.

No marco desta misión comercial, o Clúster organizou reunións entre empresas galegas e portuguesas co apoio financeiro do Igape, Xunta de Galicia e UE a través do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios, que inclúe a realización de misións comerciais inversas. Con estes encontros deuse a coñecer ao exterior todo o potencial das empresas galegas e establecéronse posibles fórmulas de cooperación en novos formatos entre ambos territorios.

O Clúster Audiovisual promove contactos de negocio coa industria lusa de contidos dixitais