Alegan que non se dan as causas para utlizar esta figura

A CIG rexeita o paro patronal na construción

A CIG rexeita o paro da actividade no sector da construción anunciado pola patronal, ao consideralo unha manobra “sucia e completamente ilegal que pasa por alto todas as normas e convencións laborais e legais” para exercer unha medida de presión contra a situación económica usando o seu persoal como "ariete".

A CIG rexeita o paro patronal na construción
Obras de construcción del muelle en Punta Langosteira.
Obras de construcción nun porto galego./ARQUIVO.

Fegacons, a patronal galega da construción, anunciaba este xoves en rolda de prensa que a partir do venres 18 as empresas do sector terían que parar pola falta de subministracións a raíz da folga de transportes.

A este respecto, a executiva nacional da Federación de Construción e Madeira (FCM) da CIG lembra que a Organización Internacional do Traballo (OIT) define o peche patronal como "o peche total ou parcial dun ou máis lugares de traballo, ou a obstaculización da actividade normal dos empregados/as, por un ou máis empregadores/as coa intención de forzar ou resistir demandas ou expresar queixas,ou apoiar a outros empregadores nas súas demandas ou queixas".

A resposta a nivel internacional é diversa, mais en España, suliñan desde a CIG, a xurisprudencia non o recoñece como dereito fundamental e só o xustifica nos casos de risco de "violencia para as persoas e as cousas,;ocupación ilegal do centro de traballo ou polo volume da inasistencia ou irregularidades do traballo", ningún destes casos se produce nestes momentos, alegan desde a central sindical.

Se ben a CIG pode comprender que a situación externa e interna cause problemas no sector, “tamén cremos que existen outras medidas para afrontar a situación actual, coma o artigo que existe en todos os convenios do sector que permite a recuperación de horas non traballadas por causas coma, entre outras, a propia falta de subministros, ou nos casos máis extremos, incluso o ERTE”. Porén, a medida que se optou é a máis asumíbel e prexuizosa para a clase traballadora, “que queda nunha completa incerteza ante o que vai pasar”.

A CIG rexeita o paro patronal na construción