A central sindical convoca un total de 16 mobilizacións este Primeiro de Maio

A CIG manifestarase “por unha saída galega xusta da crise”

A CIG conmemora este ano o Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, cun total de 16 manifestacións e concentracións en cidades e vilas galegas baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”.
A CIG manifestarase “por unha saída galega xusta da crise”
Paulo Carril, na presentación das mobilizacións do Primeiro de Maio./CIG.
Paulo Carril, na presentación das mobilizacións do Primeiro de Maio./CIG.
Segundo explicou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, o lema da marcha deste ano, “Por unha saída galega xusta da crise”, resume as principais demandas da central sindical para enfrontar a crise económica que viñamos padecendo, agudizada agora pola pandemia.

Nese sentido Carril considerou que é imprescindíbel derrogar as reformas laboral, da negociación colectiva, das pensións, das prestacións por desemprego ou todas aquelas que supuxeron o desmantelamento dos servizos públicos que, “seguen en vigor e están sendo utilizadas para enfrontar a crise neste intre”. Reformas que, denunciou, están tendo “graves consecuencias para a clase traballadora galega”.

Mais tamén advertiu de que se pretenda facer fronte a esta situación acudindo aos fondos europeos “a través dunha nova e dura secuencia de reformas como as que xa se anuncian, cun novo ataque ao sistema público de pensións” ou que a débeda pública xerada “torne en recortes dos servizos públicos, sen ter desmanteladas as políticas que levaron a unha privatización importante dos mesmos”.

Por iso considerou imprescindible levar adiante un auténtico plan de recuperación económica, social e industrial que xere emprego e dignifique as condicións laborais e de vida das galegas e galegos”. Políticas que augurou que terán que ser reclamadas na rúa este Primeiro de Maio e polas que haberá que intensificar a mobilización en diante, apuntou o dirixente da central sindical.

Este Primeiro de Maio, a CIG convoca manifestacións ás 12 do mediodía nas sete cidades galegas-en Vigo será a central- e nas vilas de A Guarda, Cangas, Cee, Vilagarcía, A Estrada, Ribeira, Viveiro, O Barco e Verín.

A CIG manifestarase “por unha saída galega xusta da crise”