Ten outro cinco proxectos europeos pendentes de resolución

A Cámara de Santiago participa nun proxecto para promover a internacionalización das pemes nos mercados asiáticos

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela participará en 2017 nun proxecto europeo destinado ao apoio á internacionalización das pequenas e medianas empresas e súa preparación para os mercados asiáticos de China, India, Xapón, Singapur, Indonesia, Tailandia, Taiwán e Corea do Sur.

A Cámara de Santiago participa nun proxecto para promover a internacionalización das pemes nos mercados asiáticos

O proxecto está promovido por Eurochambres e dirixido por un consorcio de once Cámaras de Comercio, que lidera a Cámara de Comercio de Milán e do que forma parte a Cámara de España xunto con outras sete Cámaras españolas. 

A experiencia profesional deste consorcio de Cámaras de Comercio servirá para proporcionar formación a medida e un apoio especializado ás pemes sen experiencia no exterior, para que cos novos coñecementos poidan facer a súa primeira saída internacional, seleccionando actividades formativas, eventos e feiras en función dos países e os sectores de interese para as pemes. Comezará a executarse proximamente, unha vez se defina a metoloxía e estrutura de traballo entre as partes. 

Cinco proxectos europeos pendentes de resolución

Neste comezo de 2017 a Cámara compostelana está pendente da resolución de cinco proxectos europeos. Os tres primeiros proxectos, que previsiblemente se resolverán neste mes de febreiro, céntranse na temática da mellora da competitividade das pemes.

O Rede 2.0 CreativeBox persegue o fomento do espírito emprendedor entre a mocidade, a través dunha rede de coworking en municipios creativos para conseguir oportunidades de emprego xuvenil e onde os recursos culturais, patrimoniais e artísticos sexan os motores do emprendemento. Ten como socio principal ao Concello de Ribadavia, e a outros concellos galegos como colaboradores (Santiago de Compostela, Allariz, A Guarda e Castrelo de Miño), ademais da Cámara de Comercio de Santiago e outros socios portugueses.

Tamén o proxecto Lidera pretende ser un catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xuvenil transfronterizo. As accións que se desenvolverán servirán para dinamizar o tecido empresarial transfronterizo coa posta en marcha de novas iniciativas empresariais que lograrán a inserción laboral da mocidade no territorio transfronterizo.

E o proxecto Redpymeglobal de impulso á internacionalización das pemes a partir do desenvolvemento de recursos innovadores no uso das TICs.

Asemade, e dentro dos programas europeos do Espazo Atlántico, a  Cámara de Santiago está pendente da aprobación de dous proxectos europeos de promoción do talento e o turismo do Espazo Atlántico. O primeiro proxecto é o PAT de promoción do talento atlántico, que busca mellorar a capacidade de innovación por medio da capitalización dos talentos atlánticos como impulsores conxuntos da innovación. E o outro o Gastroatlantis, un proxecto de promoción do turismo vinculado á gastronomía e ao patrimonio marítico e costeiro.

Comentarios
A Cámara de Santiago participa nun proxecto para promover a internacionalización das pemes nos mercados asiáticos