Prepara a asistencia dos seus asociados a catro feiras

A Cámara de Santiago convoca misións comerciais a Alxeria, Inglaterra, Perú e Colombia e Corea do Sur

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela está organizando para o último cuatrimestre do ano un total de oito accións, con apoio de fondos FEDER e do Igape en dúas delas.

 

A Cámara de Santiago convoca misións comerciais a Alxeria, Inglaterra, Perú e Colombia e Corea do Sur

Realizaranse misións comerciais a Alxeria (de carácter multisectorial do 14-20 de outubro), unha misión do sector da construción a Londres (22-27 de outubro), unha misión comercial multisectorial a Perú e Colombia (4-12 de novembro) e outra misión e exposición de produtos de alimentación en Corea do Sur (21-30 de outubro).

Ademais, a Cámara está programando a participación nas feiras TTG de turismo de Rímini (11-15 de outubro), do libro de Fráncfort (10-16 de outubro) e á feira Bioeurope de Berlín do sector biotecnolóxico (4-9 de novembro), e asistir con exposición á feira Expopesca de Lima para empresas dos sectores da pesca e da acuicultura (4-12 de novembro).

Estas accións, dirixidas a pequenas e medianas empresas galegas, son fundamentais para iniciarse na exportación ou para axudar a consolidar mercados de exportación. Os últimos datos sobre o sector exterior de Galicia confirman a utilidade destas accións á hora de lograr contratos e diversificar clientes no extranxeiro.  

A inscrición para estas accións aínda está aberta, a través da web da Cámara: ou no seu departamento de Promoción Internacional.

A Cámara de Santiago convoca misións comerciais a Alxeria, Inglaterra, Perú e Colombia e Corea do Sur