Dispoñen alomenos dun caixeiro automático

O 99% dos concellos galegos xa contan con acceso a servizos financeiros

Castrelo do Val, Punxín, Toén, Beade e Ribas de Sil son os concellos que se adheriron nesta segunda rolda ao acordo entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para dotar os municipios galegos de servizos bancarios.

O 99% dos concellos galegos xa contan con acceso a servizos financeiros
David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro, e outras autoridades
David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro, e outras autoridades xunto ao novo caixeiro automático de Castrelo do Val.

O acordo asinado entre o Goberno galego e a a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), dirixido a aqueles concellos que na actualidade aínda non contaban con servizos bancarios, supón actualmente que o 99% dos concellos galegos xa teñen acceso a servizos financeiros.

David Cabañó, director xeral de Política Financeira e Tesouro, Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense e Mateo Alonso, coordinador institucional de Abanca en Ourense, realizaron esta venres unha visita ao caixeiro de Castrelo de Val, un dos últimos concellos adheridos a esta iniciativa.

O obxectivo da iniciativa é o de loitar contra a problemática derivada do acceso aos servizos bancarios no rural, e evitar a exclusión financeira.

O 99% dos concellos galegos xa contan con acceso a servizos financeiros