Xuntanza de Covadonga Toca coa Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría

A Xunta informa a AGEINCO das axudas para creación de emprego

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, mantivo en Santiago unha xuntanza coa Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría (AGEINCO) co obxectivo de informarlles das axudas do Goberno galego para crear emprego e explicarlles os principais retos da Axenda 20.

A Xunta informa a AGEINCO das axudas para creación de emprego
secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, reunirase coa Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería (AGEINCO). Na sala de xuntas da Secretaría Xeral de Emprego. 


foto xoán crespo
18/04/17
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, con membros da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería (AGEINCO). /X.CRESPO.

Con respecto á Axenda 20 para o emprego, Toca sinalou que inclúe 20 medidas, que contan cun investimento anual de 180 millóns de euros, para reforzar a atención especial que a Xunta xa presta aos colectivos con maiores dificultades de acceso a un posto laboral. Neste senso, a secretaria xeral  de Emprego recordou que este ano as axudas do Goberno galego para fomentar o emprego inclúen un incremento do 25% adicional para as mulleres, as persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social e aqueles que pertencen a unha unidade familiar con todos os seus membros en paro. As empresas que se empracen no rural tamén optan a este 25% adicional. 

Entre outras actuacións previstas para este ano, a secretaria xeral puxo en valor os incentivos á contratación e os apoios en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE).

Lembrou que están aínda activas as axudas por valor de dous millóns de euros para a contratación de parados de longa duración maiores de 45 anos. Os apoios poden oscilar entre os 10.000 e 25.000 euros e a contía pode aumentar nun 25% se a empresa conta con, polo menos, o 75% do seu cadro de persoal indefinido, primado, deste xeito, a estabilidade laboral. O pasado ano beneficiáronse destas axudas máis de 100 empresas cun investimento de 1,6 millóns de euros.

Así mesmo, a secretaria xeral resaltou que a Xunta dispón de incentivos á contratación para menores de 30 anos e en canto ás axudas á RSE, indicou que o Goberno galego apoia ás empresas na implantación da Responsabilidade Social Empresarial nos seus modelos de xestión, na  elaboración e posta en marcha de plans de igualdade e na conciliación da vida laboral, familiar e persoal ben a través de incentivos económicos para o fomento do teletraballo e da flexibilidade horaria ou a través de apoios para a adquisición de elementos tecnolóxicos que favorezan o teletraballo.

A Xunta informa a AGEINCO das axudas para creación de emprego