Máis de 5.700 solicitudes recibidas

A Xunta concedeu axudas por valor de 19,4 millóns de euros para incentivar a compra de vehículos eléctricos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá en Burela o concesionario Aspersa, unha das empresas beneficiarias destes apoios a través do programa Moves III.

A Xunta concedeu axudas por valor de 19,4 millóns de euros para incentivar a compra de vehículos eléctricos
Visita do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, ao concesioanrio Aspersa en Burela.
Visita do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, ao concesionario Aspersa en Burela.

O obxectivo do programa Moves III busca incentivar a compra de vehículos eléctricos e a instalación de puntos de recarga, así como fomentar unha mobilidade eléctrica e sustentable.

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, realizou unha visita ao concesionario Aspersa en Burela, unha das empresas beneficiarias destes apoios, onde se instalaron dous puntos de recarga no seu establecemento que contaron cunha axuda de 4.200 euros.

Fernández Vila sinalou que as cuantías das axudas para a instalación destes puntos de recarga por parte de autónomos, particulares ou comunidades de propietarios varían entre o 70% e o 80% do custe subvencionable.

Desde que se abriu a convocatoria, en 2021, recibíronse máis de 5.700 solicitudes, das cales a Administración autonómica resolveu 4.423, un 77%, cun investimento total que ascende a case 129 millóns de euros. Das solicitudes resoltas, un 25% foron para a implantación de infraestruturas de recarga e, as restantes, para a adquisición de vehículos.

A Xunta concedeu axudas por valor de 19,4 millóns de euros para incentivar a compra de vehículos eléctricos