Clausura dos obradoiros de dixitalización de Asime

A Xunta avanza unha nova convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0

O director do Igape, Fernando Guldrís, clausura os obradoiros de dixitalización, promovidos por Asime, centrados no sector naval e nas posibilidades que ofrece a enerxía eólica offshore.

A Xunta avanza unha nova convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0
O director do Igape, Fernando Guldrís.
O director do Igape, Fernando Guldrís.

Fernando Guldrís, director do Igape, participou nos obradoiros de dixitalización organizados pola asociación Asime e centrados na enerxía eólica offshore e o sector naval. Guldrís sinalou que este tipo de obradoiros “buscan promover a adopción de tecnoloxías dixitais e boas prácticas para incrementar a competitividade dos sectores chave da nosa economía e fortalecer a capacidade de resposta ante os desafíos do mercado”. Pensados como espazos de encontro, e a través de ferrramentas varias, os obradoiros establecen redes de colaboración e facilitan alianzas empresariais que impulsan a innovación e a transferencia de coñecemento.

O director do Igape tamén salientou que “estes obradoiros, promovidos por organismos como Asime, fináncianse ao 100% e teñen unha moi boa acollida”. Ademáis, fomentan as oportunidades que ofrece a dixitalización nos distintos ámbitos da industria galega e incrementan a competitividade. E os datos así o avalan; desde o ano 2018, apoiáronse máis de 100 obradoiros, o que supuxo unhas cuantías de axudas de 1.858.000 euros.

Guldrís tamén avanzou a próxima convocatoria dunha nova edición das axudas á Dixitalización Industria 4.0. Trátase dun programa que pretende impulsar a transformación da industria tradicional cara modelos máis avanzados baseados na innovación e na tecnoloxía, favorecendo a competitividade do tecido empresarial galego, e que, dende a súa posta en marcha, leva mobilizados máis de 50 millóns de euros e máis de 1.000 solicitudes.

A Xunta avanza unha nova convocatoria das axudas á dixitalización industria 4.0