Ata 55.000 euros por entidade

A Xunta apoia con axudas a actividade das asociacións de autónomos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a convocatoria de axudas destinada a apoiar ás asociacións de autónomos de Galicia, un programa no que a Xunta inviste un total de 200.000 euros para financiar parte dos gastos de funcionamento destas entidades.
A Xunta apoia con axudas a actividade das asociacións de autónomos
11,00 h.-    A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, manterá unha xuntanza por videoconferencia cos representantes da mesa do Diálogo Social. Na sala de xuntas da Consellería. No edificio administrativo de San Lázaro (terceiro andar

foto xoán crespo
09/02/2021
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. /X.CRESPO.
Co obxectivo de apoiar o movementoasociativo das persoas traballadoras autónomas na defensa dos seus intereses, a Consellería de Emprego e Igualdade apoia, a través desta liña de subvencións, os gastos de persoal; arrendamentos de locais; servizos profesionais independentes; primas deseguros; actuacións de publicidade; compra de material de oficina, fotocopias e imprenta; gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas, auga, de limpeza dos locais ealoxamento e mantemento da web; cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais; gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención; gastos de renting; e aqueles ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo.

Poderase financiar ata o 90% dos gastos subvencionables, polo que o 10 % restante correrá por conta da entidade beneficiaria. A contía máxima da axuda non poderá exceder a cantidade de 55.000 euros.

Esta medida sumarase a outras iniciativas que se convocarán proximamente para axudar ás persoas traballadoras por conta propia e que en global -incluída esta orde de axudas ao asociacionismo- supoñen un investimento de preto de 20 millóns de euros. En concreto, ademais deste programa que se publica este xoves no DOG, activaranse o Bono Autónomo,  axudas para a promoción do emprego autónomo coas que se apoia o inicio de actividade; as destinadas a impulsar a contratación indefinida de persoas asalariadas, do primeiro, segundo e terceiro traballador; e os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

Ademais, aínda se poden solicitar os apoios do terceiro Plan de rescate, que conta cun orzamento de 234,4 millóns de euros.

Comentarios
A Xunta apoia con axudas a actividade das asociacións de autónomos