Se se exerce o dereito de adquisición nos primeiros seis anos

Xestur bonificará a adxudicación de solo empresarial en forma de dereito de superficie

O consello de administración da empresa públia Xestur vén de acordar que as empresas que accedan á adxudicación de solo empresarial en forma de dereito de superficie se beneficien dunha bonificación do prezo da mesma se exercen o dereito de adquisición de dito solo nos primeiros seis anos dende a adxudicación.

Xestur bonificará a adxudicación de solo empresarial en forma de dereito de superficie

Ata o de agora as empresas adxudicatarias de solo nesta modalidade podían exercer o dereito de adquisición do solo nos primeiros dez anos, descontándose do prezo o 40% das contías pagadas en concepto de canon. Coa modificación das condicións de adxudicación, as empresas seguirán contando cun prato de 10 anos para executar a opción de compra, pero cun tratamento diferente si o fan dentro dos primeiros seis anos.

As condicións son extensibles ás empresas ás que xa se adxudicou solo nesta modalidade e que se ampliará ao solo propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo. En concreto, se o adxudicatario exerce o dereito de adquisición do solo nos seis primeiros anos dende a adxudicación, aplicaranse unha bonificación no prezo da parcela equivalente ao 50% da bonificación vixente no momento de adxudicación da parcela. Ademais, descontarase do prezo o 40% das cantidades pagadas en concepto de canon. Se o dereito de adquisición se exerce entre o sétimo e décimo ano dende a adxudicación, unicamente se descontará do prezo o 40% das cantidades pagadas en concepto de canon. Se o dereito de adquisición de exerce a partir do décimo ano non se aplica ningún desconto sobre o prezo do solo.

Por outra parte, o consello de Xestur aprobou a posibilidade de outorgar dereito preferente para a adxudicación de parcelas en dereito de superficie ás empresas xa instaladas nun parque empresarial. A preferencia poderase conceder sobre parcelas propiedade de Xestur lindeiras coas que xa ocupan as empresas instaladas no parque. Asemade, aprobouse a posibilidade de adxudicar solo en dereito de superficie a clústers e agrupacións de empresarios.

A adxudicación de solo en dereito de superficie permite ás empresas acceder a solo adaptado para as súas necesidades pagando un reducido canon anual, o que facilita que concentren o seu esforzo financeiro inicial na construción e equipamento das instalacións, sen que iso signifique renunciar á propiedade da parcela, xa que poden adquirila cos descontos xa indicados.

Xestur bonificará a adxudicación de solo empresarial en forma de dereito de superficie