As solicitudes, ata o 4 de novembro

Xempre Emprendemento apoiará con ata 30.000 euros investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria do programa Xempre Emprendemento que apoiará con ata 30.000 euros investimentos realizados por pemes, autónomos e entidades de economía social en equipamento e eficiencia enerxética, entre outros.

Xempre Emprendemento apoiará con ata 30.000 euros investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social
Xempre Emprendemento financiará investimentos en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais, ou adquisición de equipos.
Xempre Emprendemento financiará investimentos en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais, ou adquisición de equipos.

Con este programa a Xunta de Galicia pretende outorgar liquidez ás iniciativas empresariais nacidas a partir do 1 de xaneiro de 2020 para contribuír a manter a súa actividade e gañar competitividade.

Pódense beneficiar do programa pemes, persoas traballadoras autónomas e sociedades cooperativas e laborais que teñan iniciada a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2020 (ou máis tarde) e permanezan en activo. O prazo de solicitude concluirá o próximo 4 de novembro.

A través da nova liña, o Goberno galego axuda coa financiaciación de investimentos realizadas polas entidades entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse, deste xeito, investimentos efectuados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais, ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros.

Os pagamentos a percibir variarán en función da intensidade do investimento realizado. Irán así dun mínimo de 3.000 euros para a mínima inversión financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para a máxima (100.000 euros).

Xempre Emprendemento insírese na estratexia Xempre Contigo da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que está a impulsar a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio aos traballadores autónomos e á economía social.

Xempre Emprendemento apoiará con ata 30.000 euros investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social