Axudas para contratación de desempregados destinadas aos concellos do rural

Publicada a convocatoria do programa Aprol Rural

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria deste ano para as axudas do programa Aprol Rural que permitirán aos concellos do rural contratar 600 desempregados

Publicada a convocatoria do programa Aprol Rural
Estes apoios están dirixidos aos concellos rurais de Galicia para apoiar a realización de tarefas relacionadas principalmente coa prevención de incendios.
Estes apoios están dirixidos aos concellos rurais de Galicia para apoiar a realización de tarefas relacionadas principalmente coa prevención de incendios.

Estes apoios están dirixidos aos concellos rurais de Galicia para apoiar a realización de tarefas relacionadas principalmente coa prevención de incendios. Nesta convocatoria, como novidade, elimínanse os límites para as contratacións que terán que centrarse en traballos vinculados coa planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e a xestión da biomasa.  As mulleres e os menores de 30 anos seguirán tendo preferencia na convocatoria destas axudas.

Na concesión das axudas terán prioridade os concellos fusionados e que tamén sexan Concellos Emprendedores. A contía media que se estima que se concederá por contrato é de máis de 11.660 euros. O prazo de solicitude destas axudas rematará o próximo 4 de febreiro.

Catro liñas de axudas

Este programa forma parte dun paquete de axudas que sairán publicadas nos próximos días no DOG para impulsar en Galicia o emprego local. En total, a Xunta investirá en 2019 a través de catro programas máis de 22,3 millóns de euros para apoiar o mantemento ou a creación de 2.150 postos de traballo no ámbito local.

Publicada a convocatoria do programa Aprol Rural